OCIO

Novas actividades para os maiores en Vilar de Santos

<p></p>
photo_camera O grupo de maiores que asistiu onte á primeira das clases do Programa de Envellecemento Activo.

O Concello puxo en marcha unha nova edición do programa Envellecemento Activo

O Concello de Vilar de Santos iniciou, na mañá de onte, unha nova edición do seu Programa de Envellecemento Activo, que se prolongará ata finais de ano. Trátase dunha serie de actividades semanais orientadas aos máis maiores, e impartidas por un equipo multidisciplinar procedente do centro de día, nas que participan ao redor de 50 persoas.

As actividades, que se levan a cabo no espazo multiusos do Concello de Vilar de Santos, varían semanalmente e segundo o día da semana. Os luns, dende as 11,00 horas ata as 12,00 horas, teñen lugar as enmarcadas baixo o nome "Saber envellecer", nelas realízanse andainas, e se dan clases de biodanza ou de relaxación. Os martes e xoves, entre as 10,00 horas e as 11,00, impártense clases de ximnasia activa dirixidas por unha fisioterapeuta profesional.

Este ano, entre outras novidades, profundizarase máis nos exercicios de estimulación da memoria. Tamén se lle adicarán máis horas aos exercicios de psicomotricidade acuática, xa que tiveron moito éxito na pasada edición.

O programa que é "moi participativo", segundo destaca o alcalde de Vilar de Santos, Xan Xardón, forma parte dun proxecto comunitario que ten como obxectivo a apertura do centro de día do municipio ao resto do concello. De feito, no acto de clausura, e coincidindo co Día dos Maiores, faise unha actuación conxunta dos membros do Programa de Envellecemento Activo xunto cos do centro de día.

Te puede interesar