TECNOLOXÍA

Novo equipamento para a aula do Cemit de Xinzo

aula_cemit_de_xinzo_de_limia_na_actualidade-2-_result
photo_camera Os 20 novos equipos cos que conta o espazo.

En total, a administración autonómica investiu preto de 10.000 euros nestes novos equipos dos que se beneficiarán ao redor de 350 usuarios.

A oficina Cemit e a Axencia para a modernización tecnolóxica (Amtega) da Xunta de Galicia renovaron os 20 ordenadores cos que conta a Aula Cemit de Xinzo, ubicada na Casa da Cultura. En total, a administración autonómica investiu preto de 10.000 euros nestes novos equipos dos que se beneficiarán ao redor de 350 usuarios.

O responsable da área de Cultura, Carlos Gómez, sinalou que este espazo "proporciona a infraestrutura necesaria para acceder ás tecnoloxías da información e reducir a fenda dixital na nosa comunidade" . 

Por outra banda, o coordinador da Casa da Cultura da capital limiá, Alfonso Carlos Lois, considera esta aula como "imprescindible para impulsar a formación e competencias dixitais da cidadanía, como base esencial para a cohesión social e vertebración territorial, para a mellora da calidade de vida e, incluso, como medio eficaz na consecución dun emprego de calidade". 

Entre os cursos que se celebraron na Aula Cemit de Xinzo atópase o de alfabetización dixital para colectivos en risco de exclusión social. Tamén se desenvolveron xornadas de educación vial, charlas de reciclaxe, formación medioambiental, talleres de programación e robótica e videoconferencias sobre a festividade do Entroido.

Te puede interesar