MÚSICA

Novos concertos en xuño na Arca da Noe de Vilar de Santos

OsMinhotos5_result

Dende que se iniciou o ano 2017 pasaron polo popular espazo de Vilar de Santos preto de 40 agrupacións e solistas de diversos estilos e nacionalidades. 

A Arca da Noe inicia esta semana o novo programa de concertos para o mes de xuño. Este venres día 2, desembarcará no local de Vilar de Santos Eva Sierra e a súa guitarra. A actuación comezará ás 22,00 horas. O sábado á mesma hora será o turno de Os Minhotos, unha banda de música tradicional lucense. Durante as vindeiras semanas pasarán pola Arca grupos e artistas como Víctor Coyote, Jorgelina Piana e Sergio Ariel, a pandereteira e voz Ugía Pedreira, a brasileña Gabi Buarque, Puke Rainbow e Manuel Carballo.

Dende que se iniciou o ano 2017 pasaron polo popular espazo de Vilar de Santos preto de 40 agrupacións e solistas de diversos estilos e nacionalidades. 

Te puede interesar