O obradoiro de emprego formou a 20 profesionais

IMG_20170324_115120_result
photo_camera Os participantes no obradoiro de emprego Xin-Bal xunto a Antonio Pérez, Marisol Díaz e José A. Feijóo.

Os alcaldes de Xinzo e Baltar calificaron estes obradoiros como "proveitosos e positivos"

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira acompañada polo alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, e o rexidor local de Baltar, José Antonio Feijóo, presidiu o acto de clausura do obradoiro de emprego Xin-Bal, no que preto de 20 alumnos, repartidos entre un módulo de albanelería e outro de xardinería, completaron unha formación teórico práctica de seis meses de duración. 

Estos grupos de traballadores adicáronse ao mantemento e conservación ambiental nos parques de A Devesa, Pombal, Seara, Galicia e Antioquía de Xinzo e nas zonas verdes do parque empresarial da vila. No que respecta ás actuacións no municipio de Baltar repararon o muro do cemiterio de San Paio, as beirarrúas nos lugares de Tixós, San Paio e Baltar e acondicionaron o centro de día, o velorio e a Casa do Concello. 

Os dous alcaldes calificaron estes obradoiros como "proveitosos e positivos". A delegada territorial, lembrou que xa están convocados os vindeiros talleres de emprego que este ano se ampliarán de seis a nove meses. 

Te puede interesar