ORZAMENTO

Orzamento de 117.700 euros para as bancadas do campo de fútbol

Por outro lado, dende o departamento de obras do Concello estase planificando a mellora da fontanería, do alicatado, da iluminación e da calefacción dos vestiarios vellos

O alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, ven de asinar un novo convenio coa Deputación de Ourense para a construcción de bancadas no campo de fútbol José Antonio Fernández Carrera. Este novo acordo xunta a primeira fase,asinada hai varias semanas, e a segunda etapa suscrita o pasado xoves.En conxunto o orzamento dispoñible para acometer a nova construcción alcanza os 117.700 euros, que serán subvencionados ao 100 por 100 por parte da Deputación. 

Dende o Concello levarán a cabo un proxecto onde, ademais da construcción das novas bancadas, se abordará a construcción de novos vestiarios, zona de cafetería e se fará unha mellora do alumeado do campo con focos na cuberta. 

Por outro lado, dende o departamento de obras do Concello estase planificando a mellora da fontanería, do alicatado, da iluminación e da calefacción dos vestiarios vellos. 

Segundo fontes municipais, unha empresa privada encargarase da limpeza das instalacións de A Moreira para que en todo o momento estén axeitadas para o seu uso. A decisión tomouse hai varias semanas debido á falta de persoal durante as fins de semana. O campo José Antonio Fernández Carrera construiuse no ano 2012.

Te puede interesar