ENTROIDO XINZO 2018

A Pantalla pide respecto para o símbolo do Entroido de Xinzo

img_1878_result
photo_camera As lonas instaladas na praza.

Tamén se están divulgando carteis nos que se pode comprobar a escasa visión que teñen as Pantallas cando se poñen as súas máscaras para percorrer a vila, co obxectivo de que a xente non entorpeza o seu paso

A asociación cultural A Pantalla de Xinzo iniciou unha campaña para pedir máis respecto ao símbolo tradicional do seu Entroido, A Pantalla. Por este motivo, difundiu unha serie de imaxes a través das redes sociais, e instalou lonas na Praza Maior da vila, nas que se poden ler as verbas "Tradición", "Respecto" e "Sentimento" escritas en fotografías de Pantallas.

Por outra banda, tamén se están divulgando carteis nos que se pode comprobar a escasa visión que teñen as Pantallas cando se poñen as súas máscaras para percorrer a vila, co obxectivo de que a xente non entorpeza o seu paso. 

Dende a asociación limiá recordan que este histórico personaxe non se poder sacar a máscara en espazos abertos e ten que cumplir unha serie de normas vencelladas ao seu vestiario. A agrupación pide, ademais, un Entroido libre de machismo en Xinzo. 

Te puede interesar