PROVINCIA

Parada recurrirá antes do luns contra a planta asfáltica

Firmas_result
photo_camera Algunhas das veciñas de Parada de Ribeira que onte recolleron formas na rúa de San Roque.

A Asociación "O Muíño da Lama" xa leva recollidas preto de 2.500 sinaturas en contra da empresa

n n n A Asociación O Muíño da Lama, apoiada por un centenar de veciños de Parada de Ribeira, continúa a traballar a prol de acadar a revocación da licenza outorgada polo Concello de Xinzo á empresa Opaín que pretende producir centos de tonelads de bituminosa en quente neste pobo limiao. 

Unha decena de veciños pertencentes á citada asociación, releváronse á fronte dun posto informativo na rúa de San Roque con motivo da celebración da feira de Xinzo no que, ademais, solicitaron sinaturas en apoio á causa que defenden. Tal e como sinalaron dende o colectivo, no día de onte recolleronse preto de 400 sinaturas, que se sumarán ás case 2.000 coas que contan a día de hoxe entre as rexistradas na plataforma Change.org e as sinaturas físicas. "A resposta está sendo moi boa, sentímonos moi apoiados pola xente da comarca", coincidían en afirmar algunhas das pertencentes esta asociación que, a día de hoxe, conta con preto de 40 persoas que traballan de xeito activo e divididas en varias tarefas. 

Dende o colectivo sinalaron que o avogado da asociación está traballando xa na interposición do recurso contra a concesión da licencia emitida polo goberno de Xinzo. Neste sentido e segundo afirmaron, dende o Consistorio outorgaronlle unha autorización de acceso ao expediente completo. O prazo para  interpoñer o recurso rematará o vindeiro luns, día 3 de xullo e neste sentido os veciños sinalaron que, cando sexa efectivo, "enviarán unha notificación ao Concello". 

Fontes da empresa Opaín S.L. subliñaron que a planta asfáltica de Parada de Ribeira "conta con todos os permisos" e que está disposta a "facilitar toda a información que soliciten os veciños".Pola contra, dende a asociación O Muíño da Lama sinalan que, a día de hoxe, non se produciu ningún contacto coa empresa. 

A oposición quere anular a licenza

A Corporación Municipal de Xinzo debatirá este xoves, no pleno ordinario correspondente ao mes de xuño, a moción presentada pola oposición na que se solicita a anulación da licenza de obra outorgada a Opaín S.L. para que poida realizar a súa actividade. Na Xunta de Portavoces celebrada onte no Concello, non se logrou finalmente ningún acordo para a elaboración dun texto de consenso entre os distintos grupos neste sentido. Dende o Goberno Local manteñen que esta concesión foi " un acto regrado", xa que a licenza emitiuse de acordo á normativa e aos informes favorables da Xunta de Galicia, polo que non concedela "sería prevaricar". Está previsto que os veciños de Parada de Ribeira acudan á celebración do plenario. 

Te puede interesar