A LIMIA

O Parlamento insta á Xunta a que inicie as obras do regadío

A deputada de En Marea Paula Quinteiro destacou na súa intervención "a necesidade de apostar polo sector agrícola e gandeiro

O Parlamento Galego aprobou por unanimidade a proposta do grupo parlamentario de En Marea a prol de instar á Xunta de Galicia a que execute "de forma inmediata" e tendo como data límite o mes de xuño de 2018 as obras do plan de regadío da comarca de A Limia.

A deputada de En Marea Paula Quinteiro destacou na súa intervención "a necesidade de apostar polo sector agrícola e gandeiro como piar fundamental na comarca da Limia tanto a nivel económico como social e cultural", polo que é "indispensable" a "estruturación e modernización dos regadíos".

A iniciativa foi apoiada por todos os grupos do Parlamento. O popular Carlos Gómez sinalou que se están levando a cabo "os trámites necesarios" para a execución da modernización dos plans de regadío, "como paso previo á exposición pública da documentación ambiental e licitación das obras".

Te puede interesar