CELANOVA

A polémica reforma da avenida de Celanova de Xinzo custará 1,7 millóns

<p></p>
photo_camera Estado actual da avenida de Celanova, en Xinzo de Limia.

O proxecto, que provocou unha notable resposta cidadá, vén de chegar ó Concello para ser licitado 

O alcalde de Xinzo, Manuel López Casas, reuniuse en Santiago co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, co obxectivo de analizar o estado do proxecto da avenida de Celanova de Xinzo -estrada OU531-, anunciado en abril do pasado 2017 e modificado para manter as árbores centenarias do vial.

O rexedor limiao anunciou que o investimento total que fará a administración autonómica neste acceso á vila será de 1.704.364, 04 euros e contemplará duas actuacións diferenciadas: por unha banda, a remodelación da zona urbana da avenida e a primeira fase da circunvalación que irá dende a rotonda da Nacional 525 ata a da estrada de Celanova ademais da Pista Zepetal, unha "vella reivindicación" segundo subliñou Casas. A primeira intervención terá un orzamento de 736.756,21 euros e se sacará a concurso, unha vez firmado o convenio, nos vindeiros meses, para poder executala antes de que finalice o ano.

A segunda actuación, que será sacada a concurso polo propio Concello, comprenderá a reforma das pistas Sitibal e do Bouzo, que entroncarían dende a N531 ata a carretera de Bande, cun orzamento total de 967.607,83 euros. "A Xunta aportaranos os proxectos, e a financiación", matizou o rexedor. "O Concello sacará a concurso as actuacións, supervisará as obras e xustificará os gastos nas mesmas", engadiu.

O alcalde limiao presentou o borrador do proxecto final, que foi rematado nos últimos días polos técnicos responsables da Consellería de Infraestruturas e que se analizará previamente dende Xinzo antes de proceder á firma do convenio entre as entidades local e autonómica. "Nós teremos que poñer a disposición da Xunta os terreos xa que a pista Sitibal e a do Bouzo son de titularidade municipal, así como a primeira fase da circunvalación que vai dende a N525 a estrada de Celanova", explicou o primeiro edil de Xinzo. "Nos pretendemos que nos cedan a rúa Dous de Maio e as avenidas de Portugal e Celanova para poder nós regular o tráfico", engadiu.

O plan contempla a conservación das árbores tal e como matizou o rexedor quen dixo estar "moi contento xa que por fin se desatasca este proxecto tan controvertido e polémico. É unha boa noticia para Xinzo".

Te puede interesar