seguridade

O PP reclamará un posto principal da Garda Civil para Xinzo

Outro dos aspectos tratados foi a creación da "Unidade de Seguridade Cidadá da Comandancia" para combater a delincuencia no rural, proposta que xa foi enviada a Interior. 

A deputada popular, Ana Vázquez, adquiriu o compromiso de transladar ao Goberno Central a proposta da Asociación Unificada de Gardas Civís para a creación dun posto principal na vila de Xinzo e para aumentar o número de axentes na provincia. Fíxoo nunha reunión en Ourense con representantes deste colectivo. Neste sentido, Vázquez subliñou que "a Garda Civil presta un servizo esencial para a seguridade dos habitantes nas zonas rurais e temos a obriga de establecer mecanismos de cooperación e colaboración que faciliten a súa labor". 

Na reunión mantida en Ourense falouse da proposta para converter en posto principal o cuartel da Garda Civil en Xinzo, algo que "melloraría as tarefas de seguridade e coordinación co resto dos cuarteis, non soamente nesa zona da provincia se non tamén na limítrofe comarca de A Baixa Limia" segundo os representantes do colectivo. 

No que atinxe ao aumento dos axentes na provincia, os membros da asociación apuntaron que, na actualidade, "son 838 Gardas Civis, cunha porcentaxe de baixas do 20 por cento" cando, "entenden" a cifra debería ser "de 927 para garantir os seus servizos". 

Outro dos aspectos tratados foi a creación da "Unidade de Seguridade Cidadá da Comandancia" para combater a delincuencia no rural, proposta que xa foi enviada a Interior. 

Te puede interesar