ENTROIDO EN XINZO

O presidente da Xunta sumouse á festa do Luns de Entroido na vila

27.02.17.XINZO.AMBIENTE ENTROIDO.E VISITA NUÑEZ FEIJOO.
photo_camera Un Alberto Núñez Feijóo vestido de pirata confraternizou onte en Xinzo cunhas guapas brasileiras.

Charangas, grupos e veciños e visitantes disfrazados animaron toda a xornada, á espera do gran desfile de hoxe

Xinzo contou durante a noite do Luns de Entroido cun invitado de excepción, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Ao redor das nove da noite o xefe do goberno galego chegou ás inmediacións do Concello de Xinzo, onde foi recibido polo alcalde da vila, Antonio Pérez, e varios concelleiros da corporación municipal.

O presidente quixo participar dun dos días centrais do ciclo do Entroido na Limia. Fixoo ataviado cun disfraz de pirata xa que, tal e como sinalou o alcalde de Xinzo, "o presidente xa sabe que ao Entroido non se pode vir sen disfrazar".

Acompañado polos concelleiros e polo rexidor local, Núñez Feijóo percorreu as rúas da zona vella e da Praza Maior que, a pesar da choiva rexistrada durante a noite do luns, estivo ateigada de xente.

A comitiva cenou nun dos restaurantes da vila e disfrutou das charangas que amenizaron a festa durante a noite. 

Non é a primeira vez que o presidente da Xunta visita o Entroido de Xinzo, xa que é un habitual do triángulo máxico ourensán (Verín-Xinzo-Laza). 

Te puede interesar