orzamentos

O PSOE di que os orzamentos de Xinzo non teñen carácter social

Elvira Lama sinalou "a indignación e sorpresa" do seu grupo ao comprobar que o aumento de 100.000 euros en subvencións nominativas a distintas asociacións e colectivos, "é o que o alcalde denomina como orzamentos sociais"

O PSOE de Xinzo, a través da súa portavoz, Elvira Lama, criticou que o Partido Popular "confunda gasto social, con reparto a dedo dos cartos de todos os veciños entre asociacións e colectivos", pois o rexedor local, Antonio Pérez, manifestou en numerosas ocasións que os de 2018, eran os orzamentos máis sociais da historia de Xinzo . 

O principal grupo da oposición explicou que, os orzamentos de carácter social, "son os que se ocupan de ter servizos elementais e básicos, como os de almorzos quentes nos colexios, comidas quentes repartidas a moitos veciños que están sos, aumentar prazas de gardería para menores de 3 anos e residencias para maiores, e facer plans de emprego e prevención. 

Elvira Lama sinalou "a indignación e sorpresa" do seu grupo ao comprobar que o aumento de 100.000 euros en subvencións nominativas a distintas asociacións e colectivos, "é o que o alcalde denomina como orzamentos sociais". 

Te puede interesar