XINZO DE LIMIA

O PSOE súmase ás críticas aos ventiladores da Escola de Gaitas

O PSdeG de Xinzo reclamou unha mellora das infraestructuras xa no pasado mes de agosto

Os polémicos ventiladores.
Os polémicos ventiladores.
O PSOE súmase ás críticas aos ventiladores da Escola de Gaitas

O Grupo Municipal Socialista de Xinzo ven de sumarse  ás críticas pola nova ubicación dos ventiladores do edificio histórico que alberga a Escola Municipal de Gaitas. O grupo da oposición considera "lamentable" a actuación realizada polo concello, "sen proxecto algún, con actuacións antiestéticas e facendo obras a medias". 

O PSdeG de Xinzo, a través da súa portavoz Elvira Lama, recorda que reclamou obras de mellora, reforma e acondicionamento, así como o incremento da súa dotación económica, mediante unha moción rexistrada o pasado mes de agosto. Lama asegurou que, as medidas que se toman dende o Concello, "son parches para ir tirando, xa que non se fixo un proxecto para todo o edificio, que precisa adaptar a súa accesibilidade, repoñer friestras e o tellado".

O PSdeG demanda explicacións dos responsables políticos municipais e un informe dos servicios técnicos sobre os ventiladores que foron colocados no tellado do edificio para o novo sistema de calefacción instalado no centro, e afirma que "atenta contra as normas de conservación do patrimonio, por ser un edificio situado en pleno casco vello de Xinzo.