POLÍTICA LOCAL

O PSOE de Xinzo propón doar as dietas dos dous últimos plenos

Xinzo de limia. 22/08/2018. Pleno extraordinario para la investidura del nuevo alcalde de Xinzo de Limia, Manuel Cabas.
Elvira Lamas
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera La portavoz socialista, Elvira Lama, durante el pleno de investidura de Cabas.

Estas sesións convocáronse para tramitar o nomeamento do novo alcalde da vila, Manuel Cabas, e para dar conta das atribucións do novo equipo de goberno

O grupo socialista de Xinzo rexistrou esta semana unha moción para doar a dúas asociacións -Limisi e Algaria- as retribucións percibidas polos edís das distintas formacións que compoñen a Corporación municipal durante os últimos dous plenos extraordinarios -uns 4.000 euros netos- . Estas sesións convocáronse para tramitar o nomeamento do novo alcalde da vila, Manuel Cabas, e para dar conta das atribucións do novo equipo de goberno. 

A portavoz do PSOE limiao e deputada provincial, Elvira Lama, explicou que "esta doazón é un acto de responsabilidade ante un goberno do PP absolutamente desnortado que, para colmo, nos está a custar máis cartos dos que debería, sen proveito algún". Nesta liña, a representante municipal manifestou que "os veciños e veciñas de Xinzo non están para pagar as festas e desfeitas do Partido Popular. Os seus problemas internos están a custarlle á vila moitos fondos públicos sen que eses euros redunden no seu beneficio, nin tampouco nos servizos que se lle prestan". 

Os socialistas recordan que, salvo un que ten adicación exclusiva a tempo completo e, polo tanto, un salario fixo mensual -Ricardo Sieiro-, todos os edís cobran estas dietas -150 euros brutos cada pleno- por asistencia ós órganos colexiados municipais, polo que a doazón "sería o mellor xesto que toda a corporación local de Xinzo podería facer en beneficio da vila e ante o bochorno público ó que estamos a asistir durante os últimos meses". A iniciativa pide que esta doazón se execute coa maior brevidade posible. Durante este mes de agosto, o Concello de Xinzo xa celebrou tres sesións extraordinarias "a causa do xogo de tronos e dos problemas internos do PP local".

Te puede interesar