ROMARÍA A SAÍNZA

Rairiz espera hoxe un cheo total no día máis grande da súa Romaría da Saínza

RAIRIZ DE VEIGA. 22/09/20018 Dia previo a la celebracion Moros y Cristianos Foto: Miguel Angel
photo_camera A procesión volve a saír hoxe ás 12,15 horas dende a igrexa de Rairiz cara o campo da festa.

A Escola Provincial de Gaitas dará paso á batalla entre mouros e cristiáns

O bo tempo está animando a mozos e maiores a desfrutar dunha fin de semana festiva na Saínza, en Rairiz de Veiga. O aparcadoiro habilitado pola organización, así como as prazas para autocaravanas e tendas de campaña, atópanse prácticamente cheos e o mellor aínda está por chegar. 

Hoxe vivirase o acto central desta 175 edición da Romería da Saínza coa batalla entre mouros e cristiáns que se librará ás 13,00 horas no campo do castelo. Antes, ás 11,00 horas, terá lugar unha descarga de bombas de palenque e un pasarrúas a cargo da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, ademais dos actos litúrxicos, que marcarán o inicio da festa. Logo da contenda, a música e a comida popular ao aire libre poñerán punto e final aos tres días máis agardados nesta localidade limiá. 

Os membros da organización e da Asociación Amigos da Romaría da Saínza mostraron a súa sorpresa pola cantidade de xente, chegada de distintos puntos da provincia, que estes días ateiga a Saínza. "Los prados están prácticamente llenos y la discoteca móvil del viernes tuvo muchísima participación", apuntou Ana Míguez, da organización. 

Este sábado, a media tarde, tivo lugar outro dos actos máis concorridos deste evento, a sexta edición de "O meu primeiro combate entre mouros e cristiáns" representado por nenos e nenas do colexio público de Rairiz de Veiga. 

Uns 30 cativos, a maioría de 12 anos, protagonizaron unha das máis fermosas e aclamadas interpretacións na que as nenas tiveron os papeis máis importantes, xa que a capitana foi unha rapaza.

O acto dos pequenos foi o preámbulo do asalto ao castelo, que aconteceu á media noite. Os cristiáns desfilaron ata o interior da fortaleza procedentes das cruzadas e, no medio da celebración, entraron en escea os mouros para desafialos e expulsalos. 

Hoxe librarase a última batalla, que poñerá o broche de ouro a tres días dunha festa que se vén celebrando dende 1840.

Te puede interesar