A Rede de Dinamización Lingüística incorporou a oito novas entidades

XINZO DE LIMIA (CASA DO CONCELLO). 29/12/2017. OURENSE. Reunión del Consello de Membros da Rede de Normalización Lingüística Galega, con alcaldes de las provincias de Ourense y Pontevedra y con la asistencia del secretario de política lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, el alcalde de Xinzo, Antonio Rodríguez, la delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira y el vicepresidente de la Deputación, Rosendo Fernández. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Reunión en Xinzo do Consello da Rede de Dinamización Linguística.

O acto, no que se aprobaron as novas liñas de traballo para o 2018, estivo presidido polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García

O Salón de Plenos do Concello de Xinzo acolleu a reunión ordinaria anual da Rede de Dinamización Lingüística , conformada por 187 entidades entre concellos, deputacións, mancomunidades, fundacións e consorcios.

O acto, no que se aprobaron as novas liñas de traballo para o 2018, estivo presidido polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. 

O obxectivo desta entidade para o vindeiro ano pasa por promover o uso da lingua galega entre a mocidade , no tecido económico, no ámbito da lusofonía e na vida civil e relixiosa, así como na recuperación e conservación do patrimonio toponímico. 

A orde do día da sesión ordinaria incluíu a ratificación da solicitude de adhesión dos Concellos de Paradela, Páramo, Narón, Rodeiro, Moraña, Pazos de Borbén, Oímbra, Portas e da Fundación Pazo de Mos. A Rede de Dinamización Lingüística aprobou tamén a memoria de actividades do ano 2017, na que se deu conta de 200 accións desenvoltas nos distintos concellos e aprobouse a nova programación para 2018 en colaboración coa Secretaría de Política Lingüística. 

Te puede interesar