RECOÑECEMENTO

Revolución dos craveis na Arca da Noe, finalista nos Martín Códax

_noe2_result
photo_camera Os Meninos e Terra Morena.

O local de Vilar de Santos, que celebra concertos cada semana, xa foi galardonado con este distintivo en abril de 2016

Os Meninos e Terra Morena foron os grupos invitados onte na Arca da Noe para homenaxear á figura de Zeca Afonso, compositor de Grândola Vila Morena, a canción insignia da revolución dos craveis de Portugal en 1974. Non é a primeira vez que ambas formacións se unen para conmemorar a data deste movemento pacífico tal e como explicou a Noemí Vázquez, responsable de A Arca da Noe, que esta semana recibiu unha nova da nominación aos Premios Martín Códax da Música como mellor sala de concertos. 

O local de Vilar de Santos, que celebra concertos cada semana, xa foi galardonado con este distintivo en abril de 2016. "Se gañas un ano non podes repetir ao seguinte", explica Noemí Vázquez. "Por iso, en 2017, fixen de xurado. Hay unha primeira fase na que votan os músicos, que son máis de 200 asociados -pertencen a Asociación de Músicos ao Vivo- e, na segunda, xa se encarga da avaliación un tribunal especializado e composto por profesionais da música como poden ser mestres, que non se coñecen ata o propio día da gala", engade. 


A final será en maio


A cerimonia na que se coñecerán os premiados definitivos terá lugar o día 9 de maio, e nela concurrirán músicos e locais de toda a comunidade galega. "Non sei se teremos tanta sorte de gañar de novo. Hai dous anos completamos un autobús para ir á final e desfrutamos da festa", recorda a resposable do local de Vilar de Santos. "Xa con ser finalistas, tendo en conta que son máis de 200 os músicos que votan, significa que os artistas que adoitan vir ao local están moi contentos", engade a emprendedora.

Te puede interesar