recoñecemento

Riveiro Coello homenaxea a Xinzo e a Casares na súa nova obra

Coello vén de presentar "A ferida do vento", editada pola Editorial Galaxia e coa que xa está xirando pola librarías do país

O escritor limián, fillo predilecto de Xinzo de Limia, Antón Riveiro Coello homenaxea, na súa nova novela, a outro antelán ilustre, Carlos Casares. Coello vén de presentar "A ferida do vento", editada pola Editorial Galaxia e coa que xa está xirando pola librarías do país para presentar ao público o que el mesmo define coma un "censo de tolos" en forma de "novela de iniciación".

O pasado venres estivo presentándoa en Boiro, onde afirmou que a historia está completamente baseada en Xinzo, a súa vila natal, e que nace logo de que no 2014, tralo seu nomeamento como fillo predilecto, visitara a súa vella casa natal. Nesa vivenda, que tamén fóra cárcere, afirma que se "prendeu a faísca da historia".

O autor do bestseller galego como foi "As rulas de Bakunin" volve sorprender coa presenza da Limia nestoutra nova historia.

Te puede interesar