TALLERES

Sandiás acollerá obradoiros para pais, nais e titores de mozos

Trátase dun programa que promove o traballo conxunto entre os diferentes axentes educativos

O Concello de Sandiás solicitou a realización de obradoiros de formación para pais, nais e titores de menores. Dende o Concello explican que se iniciou un prazo de recollida de opinións e propostas por parte dos veciños do municipio para establecer as necesidades da veciñanza en canto á oferta dos obradoiros.

En base ás súas preferencias procederase á organización dos talleres, que terán unha duración de aproximadamente hora e media. Estes serán impartidos polos traballadores do centro Quérote+ de Ourense, organismo dependente da Xunta, que ofrecen un catálogo no que se contempla formación para todas as idades e sobre diferentes temas: relacións de parella, hábitos responsables no uso de tecnoloxía, sexualidade.

O Concello de Sandiás decantouse por obradoiros centrados nas "Redes Familiares". Trátase dun programa que promove o traballo conxunto entre os diferentes axentes educativos. A equipa profesional dos centros Quérote+ tratan de proporcionar con este taller un espazo onde pais, nais e titores poidan expresar as súas inquedanzas e así reflexionar e aprender conxuntamente. O programa "Redes Familiares" comprende varios bloques: sexualidade, orientación do desexo e identidade sexual, imaxe corporal e autoestima, convivencia, prevención de condutas violentas, ciberseguridade e drogas.

Te puede interesar