MEDIO AMBIENTE

Sandiás participa na campaña sobre a importancia da reciclaxe

Baixo o lema "Non é unha botella, é unha oportunidade de conservar o medioambiente", Sandías acollerá o vindeiro martes, día 1 de agosto, unha carpa infomativa na que se falará aos veciños da importancia da reciclaxe

Baixo o lema "Non é unha botella, é unha oportunidade de conservar o medioambiente", Sandías acollerá o vindeiro martes, día 1 de agosto, unha carpa infomativa na que se falará aos veciños da importancia da reciclaxe. Trátase dunha campaña autonómica de reciclaxe que fará parada no concello limiao. 

O posto informativo no que colaborarán o propio Concello, a Xunta de Galicia, a Sociedade Galega do Medioambiente e Ecoembes, estará instalada fronte ao Centro de Saúde de Sandiás en horario de mañá dende as 10,00 horas ata as 13, 00 horas. 

Te puede interesar