EMPREGO
Sarreaus contratará tres operarios para unha motobomba
O contrato será de carácter temporal e terá unha duración de tres meses
Redacción
13/06/2018 10:26 h.
O Concello de Sarreaus incrementará o seu número de traballadores mediante a contratación de tres operarios que se encarguen do manexo dun vehículo motobomba para os meses de verán.
O contrato será de carácter temporal e terá unha duración de tres meses, sendo as xornadas de traballo a tempo completo. Os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o vindeiro martes, día 19 de xuño -cinco días hábiles dende a publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
A documentación vencellada ás bases da convocatoria poderán ser consultadas nas oficinas do Concello e na páxina web concellosarreaus.sedeelectronica.gal.