A LIMIA

Sarreaus terá rematada a súa praza Diagonal antes do verán

O Concello tamén arranxará camiños de acceso aos núcleos de poboación de Meilás e Codosedo

 

O Concello de Sarreaus verá melloradas algunhas das súas pistas e prazas máis importantes ao longo dos vindeiros meses grazas ao plan marco de Mellora de Camiños e a un convenio asinado coa Axencia Galega de Infraestruturas. 

O alcalde do municipio, Gumersindo Lamas, adiantou esta semana que se investirán preto de 46.900 euros no arranxo do camiño que une os núcleos de Cortegada con Meilás, que constitúe a estrada principal desta última localidade na que viven habitualmente media ducia de veciños e que se atopa "moi deteriorada", segundo o rexedor local. "Melloraremos a capa de rodadura do vial, e a actuación incluirá tamén a remodelación do que é o entorno da aldea de Meilás". Falta por efectuar a adxudicación da obra para poder iniciala, algo que ocurrirá, segundo o primeiro edil de Sarreaus, nas vindeiras semanas. 

Si está previsto que comece de maneira inmediata a actuación financiada co Plan de Mellora de Camiños do pasado 2017, e que comprenderá a rehabilitación do vial que une Vilar de Barrio con Codosedo. "Vaise a proceder á limpeza de cunetas, e ao arranxo do firme", manifestou o rexedor local sobre esta obra, que terá un custo similar á que se levará a cabo no núcleo de Meilás e que rondará os 47.000 euros. "Neste caso xa temos adxudicada a actuación e comezaremos de xeito inmediato", matizou Lamas. "Tamén hai empresa adxudicataria para acometer o arranxo da Praza Diagonal, no que investiremos 170.000 euros e que agardamos que esté rematado antes do verán", engadiu.

Te puede interesar