Os socialistas de Xinzo solicitan que se arranxe a piscina municipal

. Elvira Lama sinalou que "os veciños que acoden a estas piscinas levan unha sorpresa desagradable".

Ante a chegada da época estival, o PSOE de Xinzo manifestou que éste sería un bo momento para que o Concello acometese a reforma das "numerosas deficiencias" que presentan as piscinas exteriores da vila. O principal grupo da oposición apunta a que hai "plaquetas rotas no vaso das piletas, falta de herba e sombras nalgunhas zonas, ademais de que o chan é esvaradío e defectuoso". 

Nunha moción que será debatida no vindeiro pleno, recordan que as queixas da veciñanza son numerosas, polo que, o goberno local "debe actuar sen demora" para que os problemas que preocupan ós usuarios e usuarias das instalacións estean resoltos canto antes. Elvira Lama sinalou que "os veciños que acoden a estas piscinas levan unha sorpresa desagradable".

Te puede interesar