politica

Soraya Briz optará á alcaldía de Vilar de Barrio

A candidata socialista á alcaldía de Vilar de Barrio, Soraya Briz.
photo_camera A candidata socialista á alcaldía de Vilar de Barrio, Soraya Briz.

A candidata socialista di que o actual goberno "non invirte en políticas para atraer poboación"

A vixésimo novena aposta do Partido Socialista en Ourense pasa por Soraya Briz, que encabezará a proposta da formación para a alcaldía de Vilar de Barrio. A aspirante a primeira edil manifestou que "os concellos van perdendo cada día máis poboación, entre eles, o noso. Un municipio ben situado, preto de Allariz, Maceda, Xinzo e Ourense, polo que cremos que temos que aproveitalo e darlle un impulso para que a xente nova aposte por quedar en Vilar de Barrio e non marchar a outros lugares". 

Por outra banda, no apartado turístico, a actual portavoz do PSOE neste Concello subliñou que non se están aproveitando os recursos existentes. "Fixéronse dúas rutas que se non se limpan, nin se publicitan, ou se lles da un uso como o sendeirismo acabarán inutilizadas". Neste senso, para Briz sería "un punto de vista interesante" apostar polo turismo, xa que o Camiño de Santiago pasa por Vilar de Barrio e "non se está aproveitando a ruta para dar unha visión do mesmo". 

"Non hai políticas para xente nova, nin para fixar poboación. Non temos políticas de emprego, nin vivendas", destacou.

Te puede interesar