SALUD

Taller da Escola de Saúde en Sarreaus sobre a alimentación

mén se explicou como avaliar os riscos para a saúde en función do perímetro abdominal, do índice de masa corporal ou da tensión arterial.

 A asociación Escola Rural de Saúde da Limia realizou o pasado mércores en Sarreaus un taller sobre alimentación. Baixo o nome "Es lo que comes", varias decenas de persoas acudiron á disertación impartida polo farmacéutico –con máster en dietética– Pablo García, e pola coordinadora da asociación María Dolores Rico.
O obxectivo do programa era dar a coñecer a importanci da alimentación á hora de previr enfermidades. Tamén se explicou como avaliar os riscos para a saúde en función do perímetro abdominal, do índice de masa corporal ou da tensión arterial.


A actividade formativa contou coa colaboración do Concello de Sarreaus, xunto co patrocinio de Coren e a colaboración de Nutrición Center Prieto.  A Escola de Saúde Rural afirma que a acollida por parte dos ceciños de Sarreaus foi "moi boa" e que esperan "poder continnuar compartindo educación para a saúde cos veciños da comarca da Limia". 


Esta Escola ten como obxectivo achegar profesionais sociosanitarios á xente e la promoción da saúde, descentralizando as actividades pola comarca.

Te puede interesar