A LIMIA

Técnicos do Inorde avaliarán os danos causados pola saraiba

<p></p>
photo_camera José Manuel Souto, José Luis Gavilanes, Manuel Baltar e Felipe Traveso no Pazo Provincial.

Baltar reuniuse cos responsables dos concellos de Xunqueira de Ambía, Sandiás e Vilar de Barrio 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo unha xuntanza con representantes dos concellos de Sandiás, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía, co obxectivo de analizar os danos que a sarabia ten provocado nos cultivos agrícolas destes tres municipios do sur de Ourense. O alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, o primeiro edil de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes e o tenente de alcalde de Vilar de Barrio, José Manuel Souto, acudiron a esta reunión, na que Manuel Baltar acordou que persoal técnico do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia, dependente do Inorde, avaliaría, de xeito urxente, as perdas ocasionadas polo pedrazo.

Deste xeito e, a partir da información solicitada, dende a administración provincial propoñerán as actuacións correspondentes. Estas poderían pasar pola solicitude á Xunta de Galicia da súa implicación para a declaración destes lugares como "zona de emerxencia" e, do mesmo xeito, a negociación con entidades bancarias, establecendo liñas de microcréditos para os titulares das explotacións.

Baltar manifestou que "as administracións públicas somos conscientes da incidencia do pedrazo na economía destas áreas agrícolas, xa que preto de medio cento de familias están a ver en risco a viabilidade da súa colleita". 

Te puede interesar