ENTREVISTA

“todas as agrupacións ou bandas de música precisan dunha escola para poder funcionar"

_oscar_gonzalez_result
photo_camera Óscar López González

Óscar López González é un músico limiao de 37 anos que tomará posesión do cargo de director da Escola Musical da Limia (Esmuli) para o vindeiro curso académico

Óscar López González é un músico limiao de 37 anos que tomará posesión do cargo de director da Escola Musical da Limia (Esmuli) para o vindeiro curso académico. Titulado Superior en Trompeta polo Conservatorio Superior de Música de Vigo e Enxeñeiro de Son pola escola SAE de Madrid, no seu currículum figuran, entre outros cargos, o de director da Banda de Música de Trasmiras ou o de técnico de son da banda Os Suaves durante oito anos.  

Dende cando está vinculado á Agrupación Musical da Limia?
Dende a súa fundación no ano 2005. Xunto con outros catro compañeiros creamos a Agrupación e fun parte da directiva durante varios anos, despois deixeina. A Agrupación Musical da Limia sempre tivo unha parte de "apoio" á xente que quería aprender a tocar un instrumento e tamén para reforzar certas seccións da banda. O meu irmán Dani e mais eu dábamos clases a eses nenos e nenas que querían formar parte da Agrupación e que, ou ben non querían estudar no conservatorio ou, pola contra, querían tocar un instrumento distinto ao que tocaban no centro profesional. A Escola Musical xurdiu fai un ano, para dar resposta a estas necesidades de aprendizaxe que tiña a Agrupación dun xeito máis específico. 

Cómo foi o primeiro ano da Escola? 
Comezamos un pouco de xeito experimental. Este ano soamente tivemos as disciplinas de vento metal, vento madeira, percusión e piano. A iniciativa foi moi positiva, por eso decidimos continuar e introducir novas materias. 

Por qué é importante a Escola Musical da Limia?
Todas as agrupacións ou bandas de música precisa dunha escola para que poida funcionar. De feito, houbo un par de anos no que a Agrupación sufriu un bache, xa que os músicos non tiveron un reforzo educativo por diversas circunstancias.  

Cal vai a ser o seu papel dentro da Esmuli? 
Serei coordinador de todo o vencellado aos horarios, concertos, concertos didácticos, sempre en conxunto coa Agrupación. Tamén impartirei clases na disciplina de vento metal. 

Con cantas disciplinas contará a Escola para o vindeiro curso? 
Vento metal, vento madeira, percusión, guitarra (eléctrica, cásica e baixo), piano, acordeón, arte en movemento, chelo, gaita, canto, linguaxe musical, armonía, reforzo para E.S.O , Bacharelato e conservatorio. Traballaremos uns oito mestres en total. 

Cantos alumnos ten o centro e cantos agardan acadar no inicio desta nova etapa? 
Na actualidade contamos con 25 músicos pero con toda a nova oferta de disciplinas agardamos triplicar o número de matrículas. 

Cal é o seu obxectivo como director? 
Que os nenos teñan cariño pola música e que a Agrupación siga crecendo. 

Te puede interesar