ADMINISTRACIÓN

Trasmiras incorpórase á administración electrónica

img_20170208_112711_result
photo_camera Preparación do novo sistema.

Os cidadáns poderán realizar calquera xestión a través de internet dun xeito máis inmediato e simplificado

O Concello de Trasmiras está realizando , ao longo desta semana, os procedementos necesarios para a adaptación do ente ao sistema de administración electrónica a través do programa "Gestiona". O obxectivo é o cumprimento da normativa 39/40, vixente dende o pasado 2 de outubro, que obriga ao mantemento de relacións electrónicas entre as distintas administracións. Os traballadores do Concello de Trasmiras xa dispoñen ademais, de firma electrónica con DNI e con dispositivo móbil para efectuar os distintos trámites.

Os cidadáns poderán realizar calquera xestión a través de internet dun xeito máis inmediato e simplificado. A plataforma estará en funcionamento a partir de hoxe na dirección de correo electrónico: trasmiras.sedelectronica.gal.

Te puede interesar