ORZAMENTOS

Trasmiras incrementará os investimentos en 2018

<p></p>
photo_camera O pleno celebrouse na Casa do Concello de Trasmiras.

A Corporación municipal vén de aprobar un orzamento de 870.000 euros

O goberno local de Trasmiras aprobou con seis votos a favor, un en contra e dúas abstencións os orzamentos para o presente exercicio económico 2018. Neste senso, o concello limiao operará o que queda de ano con 870.000 euros, e incrementará o capítulo de investimentos segundo sinalou o rexedor local Emilio Pazos. "É o primeiro presuposto que aprobamos con débeda cero, e contaremos, ademais, cun remanente de tesourería de 200.000 euros", explicou o alcalde.

O capítulo de inversións irá destinado, na súa meirande parte, a completar as subvencións que a administración local ten solicitadas a outras entidades provinciais e autonómicas. Nesta liña, o goberno local terá que aportar 10.000 euros para o plan de mellora de camiños; para a realización do obradoiro de emprego, 4.000 euros; para actuacións de mellora de dependencias municipales, 11.700 euros e para a renovación das instalacións de iluminacións exteriores, 20.400 euros -o investimento total superará os 150.000-. Trasmiras tamén contará cun novo tractor no que investirá 8.000 euros. "En amortización de préstamos xa non queda nada, logramos sanear o Concello xa no nadal", matizou Pazos.

Te puede interesar