RURAL OURENSANO

A Universidade escolle Vilar de Santos como referente rural

<p></p>
photo_camera Fran Quiroga, Lourenzo Fernández, Xan Jardón e Jorge Miranda no Liceo de Ourense.

O 9 de novembro terá lugar no municipio un encontro no que se debatirán os desafíos deste eido

Vilar de Santos será, o vindeiro 9 de novembro, o escenario dunha nova edición do "Encontro rural imaxinado. Abandono e volta" organizado pola rede "ReVOLTA" de investigación en Agroecoloxía e Historia, e composta por oito grupos das tres universidades galegas que estudan os problemas e as oportunidades de futuro do mundo rural. Trátase dun encontro aberto a toda Galicia no que poderán participar -enviando previamente as súas solicitudes antes do 15 de outubro ao enderezo electrónico [email protected] todas aquelas persoas que queiran compartir as súas experiencias empresariais ou sociais no rural.

"Focalizamos a nosa atención nas experiencias productivas innovadoras, é dicir, en que cousas novas estan ocurrindo no agro e no mundo rural galego en xeral", apunta Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago. "En Lalín tivemos unha primeira experiencia que funcionou bastante ben. Alí apareceron cooperativas de consumo, comunidades de montes ou iniciativas vinculadas á cultura ou á estética. Dende ReVOLTA fixemos un libro no que recollemos e avaliamos algunas propostas dos últimos seis anos. O que queremos agora é dar a coñecer novas propostas de persoas neoruráis ou doutras que regresaron, por exemplo", engadiu.

O catedrático asegura que levaban "moito tempo querendo facer algo en Vilar de Santos", debido a que é un concello "punteiro, dinamizador, moi comprometido coa lóxica e a natureza do rural, e que xa promoveu o que nós queremos promover apoiando varias iniciativas".

"Tamén abordaremos outras cuestións como por que se abandona o rural e por que se retorna, e que están facendo as administracións ao respecto", explica o coordinador de I+D da rede, Fran Quiroga. "Tratase de buscar un lugar de intercambio e escoita", engade.


"Levamos pelexado moito por buscar alternativas"


O rexedor de Vilar de Santos, Xan Jardón, valorou esta iniciativa -presentada durante a mañá deste martes no Liceo de Ourense- de xeito moi positivo. "Que un grupo tan importante de profesores e investigadores universitarios, de carácter multidisciplinar e con ese título tan suxerente, O Rural Imaxinado, nos elexiran, penso que ten que ver con que temos sido un concello e un grupo de goberno que leva pelexado moito por buscar alternativas, algunas moi innovadoras, aos procesos de transformación no rural. Vai a ser un acto moi importante para nós", manifestou o alcalde de Vilar de Santos. Está previsto que o Concello promova, ademais, unha presentación comarcal da xornada que se celebrará entre o Museo da Limia e o Salón Multiusos.

Te puede interesar