PREMIO

Un veciño de Baronzás gaña o concurso de portadas de Casares

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
photo_camera Pepe Xoga traballando no deseño da portada de Vento Ferido.

Pepe Xoga, un limiao de 44 anos, decidiuse a participar e gañou o concurso de deseño de portadas para a obra Vento Ferido de Carlos Casares

Movido por "un cariño especial a Carlos Casares" e un " interese persoal pola fotografía", Pepe Xoga, un limiao de 44 anos, decidiuse a participar e gañou o concurso de deseño de portadas para a obra Vento Ferido de Carlos Casares, promovida polo Concello de Xinzo.

"Lin a obra de Vento Ferido para inspirarme. Todas as historias que forman parte do libro suceden na Galicia profunda, acontecen asasinatos e están presentes sentimentos como o odio", explica Xoga. "A portada que elaborei é unha fotografía que saquei eu no meu pobo: Baronzás. Trátase da imaxe dunha porta dunha corte vella, moi galega. Metinlle salpicaduras de sangue co obxectivo de vencellar a portada coas historias que suceden". O premio é unha dotación económica de 500 euros e a posibilidade de que o deseño se inclúa nunha reedición da obra.

Te puede interesar