OCIO

Vilar de Santos duplicou os cativos do campamento

Os máis que asequibles prezos, dun máximo de 60 euros ao mes para aqueles rapaces non empadroados, e da metade para os que si o eran, propiciaron un éxito de demanda sen precedentes.

Fin de festa do campamento de verán organizado polo Concello de Vilar de Santos.
Fin de festa do campamento de verán organizado polo Concello de Vilar de Santos.
Vilar de Santos duplicou os cativos do campamento

72 foron os nenos, o dobre dos inscritos o pasado ano, os que deron por rematadas as activiades que o Concello de Vilar de Santos programou para a época estival dos seus cativos. Os máis que asequibles prezos, dun máximo de 60 euros ao mes para aqueles rapaces non empadroados, e da metade para os que si o eran, propiciaron un éxito de demanda sen precedentes. Tamén a ampliación do horario nunha hora e media, entre as nove e as dez da mañá, e media hora más tarde dende as dúas, facilitou o éxito de matrícula para uns rapaces que tiveron, entre as ofertas lúdicas tradicionais, outras menos convencionais, como foron a da posibilidade de facer pan e pizzas, ou mesmo marmeladas do xeito máis artesanal posible. 

Non faltaron, iso si, outras actividades de máis marcado carácter cultural, como unha excursión explorando os recursos da vila de Vilar de Santos ou as visitas ao museo da comarca da Limia. Por suposto, os pequenos tiveron tamén a opción de usar as piscinas municipais unha vez á semana e de disfrutaren de actuacións como a do mago Teto, cinema de verán ou o monólogo de Serxio Pazos.