NON A VIOLENCIA DE XÉNERO

Vilar de Santos participa na iniciativa “En negro"

O acto central celebrarase o venres, día 23 de novembro, ás 12,00 horas da mañá na praza do Concello

Con motivo da conmemoración o vindeiro 25 de novembro do "Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres", o Concello de Vilar de Santos participará, xunto a outros 102 municipios e ás eputacións de Coruña, Lugo e Pontevedra, na campaña "En negro contra ás violencias". 

Dende o Consistorio convidan a toda a veciñanza a tomar parte nas actividades que se celebrarán ata o 26 de novembro e que estarán dirixidas á sensibilización sobre a situación que viven moitas mulleres. Durante estes días, empregarase o negro, símbolo do loito, en todos os pobos e nos locais e servizos municipais, centros sociais, no centro de día, na escola infantil, no museo e tamén en establecementos privados. O Consistorio distribuirá material de campaña ao longo destes días. 

O acto central celebrarase o venres, día 23 de novembro, ás 12,00 horas da mañá na praza do Concello. Alí leerase un manifesto institucional contra as violencias e simultáneamente cos outros 102 concellos de Galicia, nun acto aberto á veciñanza.

Te puede interesar