A LIMIA

Vilar de Santos e Rairiz avanzan nas parcelarias

Un dos camiños da parcelaria en Laioso.
photo_camera Un dos camiños da parcelaria en Laioso.

Os planos do proceso de concentración están expostos en Sabariz, Guillamil, Nigueiroá e en Parada de Outeiro

Técnicos de Xunta realizarán varias charlas informativas e enquisas previas ao acordo de concentración parcelaria dos núcleos de Guillamil e Sabariz, pertencentes a Rairiz de Veiga e Vilar de Santos. O obxectivo será aclarar as dúbidas que poidan existir entre os veciños. As persoas interesadas e procedentes de Laioso, Breixomes, A Venda e Toxediño, poderán achegarse ata o local social de Parada de Outeiro, en Vilar de Santos, os días 30 e 31 de xaneiro e o 5 e 6 de febreiro, respectivamente, e en horario de 10,00 horas a 13,30 horas, pola mañá; e de 16,00 horas a 19,30 horas, pola tarde. Dende a administración local piden, neste senso, que soamente acudan a estas sesións informativas aquelas  persoas "que precisen dalgunha aclaración".

Por outra banda, os planos do proceso de concentración xa están dispoñibles para a consulta da cidadanía nos locais sociais de Sabariz e tamén de Guillamil, e na Escola de Nigueiroá e no propio local social de Parada de Outeiro. 

No que atinxe ao concello de Vilar de Santos, na parroquia de Parada de Outeiro, quedaron definidos 10 quilómetros de camiños. Nesta liña, ampliáronse algúns xa existentes e procedeuse a abrir outros de nova traza que que permitirán dar servizo ás fincas e favorecer a comunicación entre os núcleos de Toxediño, A Venda, Bréixome de Abaixo, Bréixome de Arriba e Laioso, e os demáis pobos do concello, así como co de Rairiz de Veiga. Deste xeito, e tal e como informaron dende o concello de Vilar de Santos hai algúns días, quedou executada "a infraestrutura básica de camiños que dan paso ás seguintes fases do proxecto de concentración, agora xa en bases definitivas". 

Dende ambos concellos apostan por poñer en valor os seus recursos para ser derivados ao sector agrogandeiro.

Te puede interesar