A LIMIA

Vilar de Santos ultima o Mercado de Artesanía e Produto Local

A cita terá lugar o vindeiro domingo 16 e serán, de novo, a Arca da Noe xunto co forno tradicional Faragullas as que organicen este evento coa colaboración do Concello de Vilar de Santos.

Mañá xoves, a partir das 10,30 horas, será presentado na da Cámara de Comercio de Ourense, o II Mercado de Artesanía e Produto Local de Vilar de Santos.

A cita terá lugar o vindeiro domingo 16 e serán, de novo, a Arca da Noe xunto co forno tradicional Faragullas as que organicen este evento coa colaboración do Concello de Vilar de Santos.

A xornada dará comezo arredor das 11 horas cunha saída polo monte da contorna acompañados dun profesional da Sociedade Galega de Historia Natural. O mercado abrirá as súas portas  a veciños e visitantes ó mediodía e, segundo os organizadores, xa hai 29 postos inscritos.

Ás 14 horas terá lugar unha foliada para animar o evento e, pola tarde, Paula Miranda será a monitora encargada de atender aos pequehos con xogos tradicionais e populares. A xornada rematará co concerto da brasileira Katya Teixeira.

Te puede interesar