LODOSELO

O Viso celebrará hoxe en Lodoselo o Día Mundial da Xustiza Social

A partires das 12,00 horas un grupo de persoas acollerán esta visita institucional

O Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) O Viso celebrará hoxe un encontro co director xeral de Inclusión, (pertencente á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia) Arturo Parrado, no marco da celebración do Día Mundial da Xustiza Social.

A partires das 12,00 horas un grupo de persoas conformado por veciños de Lodoselo, membros da xunta directiva da agrupación e o propio alcalde de Sarreaus, Gumersindo Lamas, acollerán esta visita institucional. 

Dentro da actividade está previsto un pequeno percorrido pola antiga casa reitoral, a vivenda comunitaria do CDR e o seu centro de inclusión para darlle a coñecer ao responsable político os distintos programas promovidos dende O Viso, así como a posibilidade de charlar cos usuarios e traballadores dos mesmos.

Te puede interesar