ACTIVIDADES

O Viso continuará a apostar pola integración nesta nova tempada

A partir do mes de outubro desenvolverase un obradoiro de formación dixital para todos os públicos no Centro de Inclusión de Lodoselo

O Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) O Viso continuará a desenvolver novas actividades dirixidas á integración dos colectivos migrantes, e fomentar o emprego na comarca limiá. Neste senso, dende esta entidade sen ánimo de lucro veñen de anunciar distintos obradoiros que terán lugar ao longo do presente ano académico, entre eles, un curso de español básico para persoas extranxeiras asentadas na Limia  e que comezará no mes de setembro. Nesta liña, "Limuhe" será unha actuación grupal de aprendizaxe da cultura e dos valores da sociedade de acollida para persoas migrantes. 

A partir do mes de outubro desenvolverase un obradoiro de formación dixital para todos os públicos no Centro de Inclusión de Lodoselo. A entidade tamén lle dará continuidade ao programa "Ruralemprégate" e ao "Includere", para a incorporación social de persoas en situación de vulnerabilidade. 

Todas estas actividades contarán cun Servizo de canguraxe e apoio á conciliación da vida persoal, familiar e laboral, monitorizado por unha profesional da materia.

Te puede interesar