A LIMIA

O Viso crea un clube para buscar emprego na Limia

A primeira das sesións celebrarase o vindeiro martes, 12 de febreiro

Unha das últimas iniciativas celebradas en Xinzo para aprender a atopar traballo.
Unha das últimas iniciativas celebradas en Xinzo para aprender a atopar traballo.
O Viso crea un clube para buscar emprego na Limia

O Centro de Información Xuvenil da Limia, integrado dentro dos servizos que ofrece o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso -con sede na rúa Ladeira, número 12- promoverá o programa "Ruralemprégate" que ten como finalidade procurar a incorporación social e laboral das persoas desempregadas.

A principal novidade nesta ocasión será o novo emprazamento da entidade, con novas instalacións ás que o público que desexe orientación para a formación e búsqueda de emprego, así como realizar trámites cotiás en Internet, poderá achegarse -no eido rural da Limia hai moitas persoas que non dispoñen deste servizo nos seus fogares, nin posibilidade de conexión-. 

Dende o CDR ofrecerán dúas modalidades de apoio. Por unha banda, haberá itinerarios personalizados de inserción sociolaboral con servizos que se prestarán de xeito individual e nos que os usuarios terán á súa disposición un técnico de emprego e unha psicóloga participando dun proceso de adquisición de habilidades e ferramentas para que os participantes adquiran maior autonomía para a búsqueda de emprego. 

Por outra banda, formaranse grupos de orientación laboral, unha serie de espazos participativos nos que potenciar habilidades e ensaiar técnicas de búsqueda.

Baixo o nome "Club BAE" as persoas interesadas reuniranse periódicamente para traballar neste senso. A primeira xuntanza desta actuación subvencionada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, terá lugar o vindeiro martes, día 12 de febreiro, dende as 16,00 horas ata as 19,00 horas.