Lodoselo

O Viso mellorará os seus servizos sociais no rural

A Xunta investiu 180.000 euros para cursos e acudas como a do comedor

A Xunta de Galicia continúa colaborando co Centro de Desenvolvemento (CDR) Rural O Viso de Lodoselo mediante o financiamento de accións formativas como os cursos de mantemento de xardíns, o de camareiro ou o de alfabetización de español para mulleres migrantes, que tamén poden facer uso do servizo "Integrarte" de apoio á inclusión sociolaboral.

Nesta liña, a administración autonómica promove tamén o comedor social, o servizo de cobertura de necesidades básicas e as accións vencelladas co apoio á conciliación.

 

 

Na súa visita ás tres instalacións coas que conta a entidade limiá en Lodoselo -centro de inclusión, vivenda comunitaria, e espazo social- o director xeral de Inclusión, Arturo Parrado, detacou que a Consellería de Política Social investiu nos anos 2017 e 2018 máis de 178.00 euros para o mantemento destes servizos e cursos, que contan co financiamento do Fondo Social Europeo.

Durante a actividade no CDR O Viso, que ten como misión traballar coa comunidade rural en procesos de desenvolvemento integral, sostible e inclusivo do territorio para xerar mellores condicións de vida da poboación rural e do seu medio, tivo lugar un relatorio onde se debullou o presente e futuro do medio rural e dos seus veciños e veciñas.

Parrado afirmou que un contexto como o actual ofrece importantes oportunidades para o progreso do rural. Neste senso, os datos por comunidades autónomas reflicten que máis dun 10 por cento da poboación neste medio precisa de apoio para realizar as actividades básicas da vida diaria, mellorar os seus plans de vida e a súa participación na sociedade e exercer unha cidadanía de pleno dereito.

"Son vitais as fórmulas de coordinación e traballo en rede", dixo Parrado. 

 

Te puede interesar