ACTIVIDADES DE NADAL

O Viso ofrece actividades en Lodoselo para os nenos

o obxectivo é a conciliación familiar durante estas datas e o contacto dos cativos coa natureza

O Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso" está desenvolvendo nestas datas o programa "Concilia no Nadal". Trátase dun proxecto que busca facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares de Nadal. Para iso, propoñen actividades destinadas aos máis pequenos para os mércores 28 de decembro e 4 de xaneiro.

O centro propón unha variedade de xogos mediante os que a mocidade poda entrar en contacto coa "natureza, as tradicións das aldeas na época de Nadal e a xente máis maior". Ademais, dende o centro aseguran que se trata dunha iniciativa para apoiar "a conciliación familiar na comarca da Limia nestas datas"

Os nenos que se acercaron ata o centro en Lodoselo o pasado mércores, 28 de decembro, xogaron, cantaron e acomodaron os animais do establecemento. Ademais, plantaron acivros, recordando así a vital importancia de protexer aquelas especies que se atopan actualmente en perigo de extinción.

Te puede interesar