A LIMIA

O Viso realizará unha campaña a prol da igualdade na comarca

Celebrarán obradoiros de coeducación, igualdade, e sensibilización cos rapaces e rapazas.

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso levará a cabo varias actividades ata o vindeiro 14 de marzo, co obxectivo de promover a igualdade entre homes e mulleres nos centros escolares da comarca. Neste senso, celebrarán obradoiros de coeducación, igualdade, e sensibilización cos rapaces e rapazas. 

Dende o CDR pretenden traballar dende idades temperás para eliminar os estereotipos relacionados co xénero e, por conseguinte, previr situacións de discriminación sexista no futuro. 

Te puede interesar