VIVIENDA

Vivir en Rairiz é posible por só 75 euros mensuais

img_8568-1-_result
photo_camera As vivendas están están situadas ao carón do colexio da vila.

O Concello ofrece en aluguer dúas vivendas de titularidade municipal

O Concello de Rairiz de Veiga ven de pechar o prazo de aceptación de solicitudes para a ocupación de dúas vivendas sociais. As casas están suxeitas a un aluguer de 75 euros mensuais e a concesión establécese por un período de tres anos con posibilidade de prorrogación.

Son tres as solicitudes que se recibiron no Concello. A alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade Rúa, explica que as instalacións "están pensadas, en principio, para familias". Iníciase agora un proceso de selección que terá en conta criterios coma o nivel de ingresos ou as cargas familiares dos solicitantes. A alcaldesa espera que a resolución saia nas vindeiras semanas e que as vivendas estean ocupadas para final de mes.

O Concello de Rairiz de Veiga dispón actualmente de 11 vivendas de titularidade municipal. Trátase de antigas casas de mestres que foron rehabilitadas.

A alcaldesa recoñece que o Concello está traballando para ofrecer unha nova vivenda social en A Saínza.

Te puede interesar