Política

XA censura a inexistencia de fontes públicas en Xinzo

O portavoz de XA, Manuel Pérez Campos, censurou o caso da fonte do Toural pois dixo "non funcionou co auga durante todo o verán e nin sequera nas festas patronais e tendo no seu interior paxaros e animais mortos sen que fosen retirados"

A formación limiá Xinzo Adiante (XA) presentou no pleno ordinario celebrado este luns as queixas veciñais vencelladas co estado dos parques e xardíns da vila, así como á súa falta de mantemento. O portavoz de XA, Manuel Pérez Campos, censurou o caso da fonte do Toural pois dixo "non funcionou co auga durante todo o verán e nin sequera nas festas patronais e tendo no seu interior paxaros e animais mortos sen que fosen retirados".

Dende a oposición apuntaron á falta de fontes públicas no núcleo urbán de Xinzo, e calificaron este feito de "lamentable". Na súa intervención, Pérez Campos tamén denunciou o estado das depuradoras da vila. "Respondéronnos que lle tiñan pedido ese informe a Viaqua. O señor alcalde, que ata fai pouco era concelleiro de Medio Ambiente, non coñecía esta problemática", manifestou o concelleiro, quen tamén apuntou, por outra banda, á existencia de contenedores soterrados e abertos no Toural e na praza de Abastos.

"Descoñecemos se se está facendo algo neles, o que si sabemos é que botan un fedor impresionante e son un lugar idóneo para producir moscas e mosquitos, co conseguinte perigo sanitario", apuntou Pérez Campos.n

Te puede interesar