a limia

Xinzo abordará unha reforma “íntegra" da Escola de Gaitas

20171223180221832_result
photo_camera A construción que alberga a sede da Escola Municipal de Gaitas.

O Concello anuncia melloras logo das críticas pola ubicación dos sistemas de calefacción no teito

nnn Logo das críticas dos usuarios e mestres da Escola Municipal de Gaitas e Percusión e do grupo municipal socialista polo emprazamento do sistema de ventilación instalado nas últimas semanas no tellado do histórico edificio, dende o goberno local aseguran que se acometerá "canto antes" a remodelación integral do edificio e, neste senso, se buscará a ubicación máis idónea para os aparellos. 

O Concello acometeu nas últimas semanas a renovación do sistema de calefacción, posto que presentaba múltiples deficiencias. Optouse por introducir unha nova climatización para garantir un bo ambiente para os alumnos do centro. O PSOE de Xinzo, secundado polos usuarios do centro, criticaron o "feísmo urbanístico" que provocaba o novo emprazamento dos ventiladores, a pesar de que se trataba dunha obra "moi importante". 

Os 'populares' sinalan que esta instalación fíxose "nun tempo récord" co obxectivo de "priorizar o feito de darlles o servizo aos alumnos", xa que o anterior sistema "quedara obsoleto realmente". Dende o grupo de goberno critican que o principal grupo da oposición "sempre ve as cousas dende o punto de vista negativo", xa que "unha cousa é protestar e outra, traballar polo pobo". "Calquera que camiña pola rúa non ve os trebellos que se puxeron no tellado, e tampouco había outro lugar mellor para poder colocalos", din dende o PP de Xinzo. Por outra banda, os 'populares' critican o cuestionamento do Partido Socialista no que atinxe á colocación dos maceteiros da praza Maior, algo que se fixo "despois da proposta da comisión de tráfico, da que eles tamén forman parte e por seguridade". 

Por último, e seguindo na liña do enfrontamento político de corporación local, dende o grupo de goberno sinalan as críticas recibidas polo cambio das luminarias do centro da vila. "Cambiáronse as luminarias xa existentes por outras novas e de baixo consumo, e colocáronse dúas máis no oco da sombra que había na entrada da praza", manifestan dende o PP de Xinzo de Limia. "Se non se emprazaban nese lugar, solo sería posible na beirarrúa, entorno no que, entendemos, estorbaban máis", rematan dende o grupo de goberno.n

Te puede interesar