INFRAESTRUCTURAS

Xinzo Adiante critica o estado da avenida de Celanova

Xinzo_result
photo_camera Aspecto da avenida de Celanova.

Dende Xinzo Adiante sinalan que son conscientes de que en outono as follas das árbores caen, pero demandan unha maior previsión por parte da Concellería de Medio Ambiente

O grupo municipal Xinzo Adiante (XA) lamenta o estado no que se atopa a avenida de Celanova pola "deixadez", sinalan, do grupo de goberno e do seu alcalde, Antonio Pérez. 

Dende a formación política aseguran que "veciños e veciñas da avenida de Celanova puxeron de manifesto o seu descontento polo lamentable estado no que se atopa a mencionada avenida". Neste senso, aseguran que o portavoz de XA, Manuel Pérez Campos, achegouse ata este lugar e puido comprobar en primeira persoa que as follas das árbores "se amorean e dificultan o acceso nos portais e comercios, sendo os propietarios destes establecementos os que teñen que acometer a tarefa de varrelas". 

Dende Xinzo Adiante sinalan que son conscientes de que en outono as follas das árbores caen, pero demandan unha maior previsión por parte da Concellería de Medio Ambiente que dirixe Manuel Cabas para evitarlles molestias aos veciños. Demandan que se execute o proxecto (respectuoso co Medio Ambiente) ao que se comprometeu a Xunta de Galicia neste vial, ademais dunha mellora nas tarefas de limpeza na vila de Xinzo. 

Te puede interesar