EN XINZO

Xinzo celebrará esta tarde un acto polo Día do Apóstolo Santiago

O Concello de Xinzo de Limia ten programado, para esta tarde, un acto conmemorativo do Día do Apóstolo Santiago. Será ás 20,30 horas na praza Maior, centro neurálxico da vila

O Concello de Xinzo de Limia ten programado, para esta tarde, un acto conmemorativo do Día do Apóstolo Santiago. Será ás 20,30 horas na praza Maior, centro neurálxico da vila. 

No evento, no que estará presente ao completo a corporación municipal, soará o hino galego e tamén o do Antigo Reino de Galicia, a cargo dun cuarteto da Escola Municipal de Gaitas. As nenas gañadoras da segunda edición do certame literario Carlos Casares, celebrado na Limia con motivo do Día das Letras Galegas, serán as encargadas de realizar unhas lecturas para pechar a xornada festiva de hoxe martes, 25 de xullo en Xinzo.

Te puede interesar