A LIMIA

Xinzo foi un ano máis e por un día a capital mundial da música de gaita

XINZO DE LIMIA (AVENIDA DE MADRID). 21/07/2018. OURENSE. Festival de bandas en Xinzo de Limia. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera Moito foi o público que se concentrou nas beirarrúas da Nacional 525 ó seu paso polo centro do casco urbán para presenciar a comitiva de agrupacións musicais.

Xixón, a Bretaña francesa, Ponte da Lima en Portugal, a banda de aspirantes da Escola Provincial da Deputación de Ourense e os anfitrións da limiá completaron o variado calendario de actuacións 

A praza Carlos Casares da vila de Xinzo de Limia converteuse na noite de onte na verdadeira capital da música de gaita, galega, nacional e internacional. Co gallo das festa da patroa da capitalidade do municipio, Santa Mariña, o Concello, en colaboración coa Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, organizou a cuarta edición do festival internacional do autóctono instrumento "Vila de Xinzo", certamen que se desenvolveu polas rúas e na praza Carlos Casares, na tarde noite de onte con dobre sesión de comparecencias no escenario.

 Formacións de Xixón, a Bretaña francesa, Ponte da Lima (Portugal), a banda de aspirantes da Escola Provincial da Deputación de Ourense e os anfitrións da limiá completaron un calendario de actuacións de casi 200 músicos que arrancou ás 12,30 horas cun pasarrúas e rematou cara a media noite, logo da grande gala que tivo lugar no centro da vila. Hoxe haberá un pase das bandas convidadas cara o mediodía.

Te puede interesar