A limia

Xinzo gardou un minuto de silencio en repulsa á violencia machista

minuto silencio Xinzo (3)
photo_camera Os membros do Concello de Xinzo gardan un minuto de silencio.

No acto, estiveron presentes tamén varios veciños que mostraron o seu apoio á loita contra o machismo

Varios membros do Concello e o alcalde en funcións fixeron o acto en repulsa a violencia machista, que esta semana se cobraba unha nova víctima en Cabana de Bergantiños, Ana Belén Varela Ordóñez, asasinada a mans da súa parella. Esta é a víctima número vinteseis por violencia machista no que vai de ano en España, a terceira en Galicia.

Tras unhas palabras de Manuel Cabas ás 12,00 horas, "non podemos permitir este tipo de agresións, que non están feitas por homes, senón por animais", membros do Concello gardaron un minuto de silencio, no que estiveron presentes ademais varios veciños que mostraron o seu apoio á loita contra o machismo.

 

 

Te puede interesar