ECONOMÍA LOCAL

Xinzo reclama que lle devolvan 600.000 euros pagados polo recibo da luz

O concello limia xa conseguíu que lle devolveran outros 130.000 euros que lle foran cobrados de xeito indebido

A compañía Gas Natural-Fenosa non enviou a ningún representante corporativo ao acto de conciliación co Concello de Xinzo de Limia, no que a Corporación municipal lle reclamaba  arredor de 600.00 euros de cobros indebidos. Esta é a conclusión dun estudo independente encargado a unha empresa auditora polo consistorio hai xa tres anos.

Parte dese cobro excesivo correspondía, segundo o informe, a enerxía reactiva. A cantidade, que estaba en torno aos 130.000 euros, xa foi devolta pola empresa de enerxía despois da petición do concello.

Mais é con respecto á segunda parte da reclamación, pola que a empresa aínda non se pronunciou.

O rexedor limián, Antonio Pérez, afirma que "o último responsable que tiveron na provincia contestou que, desde que todo está en Cataluña, non hai maneira de falar con ninguén". O concello reclamará agora legalmente os 600 mil euros que están pendentes.

Te puede interesar