LETRAS GALEGAS

Xinzo rende homenaxe ó galego e a María Victoria Moreno

A Praza Maior da vila acolleu un acto con motivo do Día das Letras Galegas

Xinzo rende homenaxe ó galego e a María Victoria Moreno

Diferentes puntos da provincia celebraron actos con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano rende homenaxe a María Victoria Moreno. Unha das localidades que non faltou a celebración foi Xinzo de Limia e na Praza Maior da vila se celebrou un acto que estivo presidido polo alcalde Manuel López Casas e no que tamén estiveros presentes outros membros da corporación municipal. 

Durante o acto entregáronse os premios dos concursos de narrativa escolar e de debuxo. Tamén estiveron presentes os alumnos da agrupación teatral Aneis, tivo lugar a la luctura dunha escolma de María Victoria Moreno e intepretouse o himno galego.